DeportesÚltima hora

Vitoria pola mínima da Ponferradina no amigable ante o CD Barco

Máis de 1.200 persoas asistiron ao partido cuxa recadación da taquilla foi para Asfaval

Coas bancadas cheas de afeccionados tanto do Barco como de Ponferrada (máis de 1.200 segundo o club barquense), comezaba o amigable entre o CD Barco (Preferente) e a SD Ponferradina (2ª División) que se desputaba na tarde do 24 de xullo no campo de fútbol de Calabagueiros a beneficio da Asociación de familiares de personas con discapacidade intelectual de Valdeorras (Asfaval) que recibían o recadado na taquilla (entrada 5 euros).

Con este partido, que remataba co 0-1 no marcador, o Centro de Deportes Barco comezaba oficialmente a pretempada.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button