CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

Vitoria pola mínima do CD Rúa en casa contra o ADF Molgas

Co 1-0 remataba o partido disputado na tarde deste 7 de novembro no campo Vicente Solarat

 

Moi intensa foi esta fin de semana no campo de fútbol rues Vicente Solarat Maceda, onde se disputaban catro partidos, con catro vitorias.

Tres dos equipos de base xogaban na xornada do sábado, 6 de novembro. O primeiros eran os cadetes que vencían 2-0 ao Santa Teresita; e pola tarde había sesión dobre. Os alevíns vencían 8-4 ao CF Monforte e os benxamíns 7-0 ao Arenteiro.

 

Xogada do partido dos alevíns.

 

E xa na tarde deste domingo 7 de novembro tocáballe o turno ao equipo sénior que tamén sumaba os tres puntos tras superar pola mínima ao ADF Molgas, grazas ao temperán gol de Alberto no minuto 7.

O alevín B xogaba fóra, no campo do ED Chantada, perdendo 5-1; e tamén o equipo xuvenil que perdía 4-2 no campo do Allariz. O equipo infantil descansaba esta fin de semana.

 

Equipo benxamín do CD Rúa.

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button