DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Viveiro-Lugo, unha etapa marcada pola chuvia e as caídas

Gianni Meersman gaña a 5ª carreira da Volta a España, o segundo sprint da ronda

A chuvia e os accidentes sufridos por Steven Kruijswijk (con posterior abandono) e Jan Bakelants, marcaron a quinta etapa da Volta a España 2016, aínda por terras galegas, que gañaba Gianni Meersman (Etixx-Quick Step) na tarde do 24 de agosto.

Foron un total de 171,3 quilómetros disputados entre as localidades de Viveiro e Lugo, onde o belga era o máis rápido no sprint disputado na Ronda da Muralla. O colombiano Darwin Atapuma (BMC) mantense coa camiseta vermella de líder tralo final accidentado coas caídas nos últimos 3 quilómetros por un obstáculo non sinalizado na estrada, cuxas diferenzas foron neutralizadas para a clasificación xeral.

Os españois Luis León Sánchez (AST) e Alejandro Valverde (MOV) eran cuarto e sexto respectivamente. Valverde mantense no segundo posto da clasificación xeral.

A Volta regresa esta tarde á provincia de Ourense coa sexta etapa: 163,2 quilómetros entre Monforte de Lemos e Luintra (Ribeira Sacra).

Artigos relacionados

Back to top button