CulturaMúsicaÚltima hora

Voces Femininas no Teatro Principal de Ourense

Ólöf Arnalds e tUnE-yArDs actuarán o 27 de novembro a partires das 20:30h.
Imaxe promocional de tUnE y ArDs.
Imaxe promocional de tUnE y ArDs.

Como un espazo no que dar cabida a grandes intérpretes e compositoras de todo o mundo, no ano 2008 nacía Voces Femeninas. O obxectivo, “dar a coñecer ao gran público a artistas incriblemente dotadas, algunhas con gran predicamento nos seus países e na escena internacional” explican dende a organización, incidindo en que se trata “dun espazo no que priman as cancións, co foco para a configuración do cartel posto na calidade das artistas”.

Seis anos despois dese primeiro festival que nacía en Vigo, Voces Femeninas regresa a España co mesmo formato íntimo e próximo para as tres actuacións: en Madrid, Vigo e Ourense, a cargo de dúas agrupacións internacionais: tUnE-yArDs e Ólöf Arnalds. A actuación na cidade das Burgas, a segunda do festival, terá lugar o 27 de novembro no Teatro Principal a partires das 20:30h.

Abrirá o concerto a islandesa Ólöf Arnalds, de formación clásica, que se deu a coñecer ao mundo como membro en directo do grupo Múm e que máis tarde desenvolveu unha completa carreirja musical en catro discos nos que colaborou, entre outros, con Björk o Sigur Rós.

A encargada de pechar a actuación será tUnE-yArDs, no que será un concerto “único, distinto, co que se fai realidade, un soño porque o grupo liderado por Merril Garbus representa todo o que queremos que sexa Voces Femeninas” explican dende a organización, asegurando que esta será a súa primeira xira por España.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button