ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Voda medieval en Oulego (Rubiá)

A localidade valdeorresa celebraba a súa I festa invernal de época na tarde do 26 de decembro

Todo comezou hai uns meses cunha charla entre amigos, medio en broma medio en serio, e pouco a pouco ía collendo forma e facéndose máis grande. Así nacía a I festa medieval invernal de Oulego (Rubiá), organizada pola Asociación Cultural Comando Castaña.

Despois de meses de preparativos e contando coa colaboración de moita xente (algúns do pobo, outros que viven fóra, amigos…) por fin chegaba o día e Sergio e Leire dábanse o “si quero” nunha celebración moi especial, unha voda ao estilo medieval. Vestidos de época e acompañados por un nutrido grupo de amigos e veciños, a xove parella protagonizaba o acto central da festa que tiña lugar na tarde do 26 de decembro.

A celebración incluíu outras actividades como xogos e exhibicións a cargo do grupo de especialistas en escenificacións medievais “Hijos del Lobo” de Gijón, unha cea a base de xabarín e as actuacións musicais de Rober Fernández Band e Lord Lethal.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel de xaneiro do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button