Un convenio de colaboración para “implantar un centro tecnolóxico en Ourense”. Iso foi o que asinou esta mañá a Deputación de Ourense, a través do seu presidente, Manuel Baltar, co director xeral de Vodafone España, Diego Torrico e a directora de Innovación e Tecnoloxía de IBM en España, Elisa Martín. O acordo foi suscrito no Centro Cultural Marcos Valcárcel, no marco do proxecto “Ourense, provincia intelixente”.
Este paso dado polo goberno provincial presentouse como un xesto que marcará un antes e un despois no uso das novas tecnoloxías da comunicación en Ourense. Tal e como explicou Baltar na súa intervención, o ente que el preside busca así mellorar a eficiencia da administración e a comunicación cos cidadáns, á par que acada o aforro de custes.
Texto e foto: Sara Fontenla