ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Vodas de prata do párroco de Sobradelo, Juan José Prieto

Á misa, celebrada na igrexa de Sobradelo, acudiron veciños de tódalas parroquias que leva o sacerdote

O pasado 1 de xuño un grupo de veciños da parroquia de Sobradelo organizaban as vodas de prata do párroco Juan José Prieto Villoria como sacerdote.

O acto central da celebración sería a eucaristía celebrada na igrexa de Sobradelo e presidida por Monseñor Eloy Tato, á que acudían veciños de tódalas parroquias que leva Juan José, así como sacerdotes doutras parroquias de Valdeorras que quixeron compartir con el este momento.

Trala misa, musicalmente amenizada pola Coral Mariñán de Veigamuíños, cada parroquia entregaríalle un agasallo ao párroco, compartindo todos xuntos un aperitivo no Centro Social de Sobradelo.

Foto: Rufino

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button