OurenseÚltima hora

Volca no Carballiño un camión cargado de porcos

Imaxe: Grupo de Emerxencias do Carballiño.

 

Un camioneiro resultou ferido a primeira hora desta tarde no Carballiño ao envorcar o vehículo que manexaba e que transportaba porcos. “Como consecuencia do impacto, algúns dos animais saíron do camión e corrían ceibos pola vía”, segundo informa o 112 Galicia

O accidente produciuse ás 14 horas de hoxe na OU-504, de Ribadavia a Cea, tal e como indicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para informar da situación: “un camión cargado de porcos envorcado coa consecuente perda de parte da carga, as lesións do camioneiro e as dificultades no tráfico”.

Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxeron en marcha un operativo no que se mobilizaba aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico, ao Grupo de Emerxencias do Carballiño, aos Bombeiros do Carballiño e ao Seprona.

Ademais, pouco despois, acudiu persoal da empresa responsable do transporte dos porcos co fin de recoller os animais e trasladalos noutro vehículo. Igualmente, un guindastre especial encargábase da retirada do vehículo sen que en ningún momento se chegase a cortar completamente a circulación.

Artigos relacionados

Back to top button