DeportesÚltima hora

A Volta a España 2016 pasará por 73 municipios galegos

O presidente da Xunta recibíu en Santigao aos alcaldes dos diferentes concellos
O presidente da Xunta cos alcaldes dos concejos polos que pasará a Volta a España.
O presidente da Xunta cos alcaldes dos concejos polos que pasará a Volta a España.

O reto é “converter os espectadores en clientes de Galicia, e fidelizar os que xa o son grazas aos atractivos da Comunidade: paisaxe, patrimonio, gastronomía, ocio, termalismo… Imos estar á disposición da mirada crítica do mundo, baixo a mirada de ata 1.000 millóns de espectadores que verán cada recuncho da nosa terra, e iso é unha gran campaña de promoción”. Esta é a mensaxe que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, transmitía aos alcaldes dos concellos galegos polos que pasará a Volta Ciclista a España 2016, na recepción celebrada o 17 de marzo en Santiago de Compostela.

A Volta celebrarase entre os meses de agosto e setembro e pasará por 73 concellos galegos, moitos deles na provincia de Ourense: Cenlle, Castrelo de Miño, Ribadavia, Ourense, Arnoia, Melón, A Cañiza, Covelo, Mondariz, Ponteareas, O Porriño, Mos, Vigo, Nigrán, Baiona, Marín, Poio, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Catoira, Rianxo, Boiro, Noia, Mazaricos, Muros, Carnota, Dumbría, Betanzos, Paderne, Miño, As Pontes, Mañón, Ortigueira, Cerdido, San Sadurniño, Valdoviño, Cedeira, Cariño, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo, Trabada, Riotorto, Meira, Pol, Lugo, Monforte de Lemos, A Pobra de Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Bóveda, Sober, Castro Caldelas, Parada de Sil, Nogueira de Ramuín, Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, Sandiás, Xinzo de Limia, Trasmiras, Cualedro, Monterrei, Verín, Riós, A Gudiña.

Artigos relacionados

Back to top button