DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A Volta a España despídese hoxe de Galicia con saída en Maceda

Simon Yates sorprende ao pelotón en Luíntra e imponse na sexta etapa da ronda. Darwin Atapuma segue líder

A bandeira de Italia cun crespón negro no punto de partida da sexta etapa, en Monforte de Lemos (Lugo),sinalaba a solidaridade da Volta a España cos damnificados no terremoto sufrido polo país europeo.

Tralo minuto de silencio polas vítimas, pasada a unha e media da tarde do xoves 25 de agosto arrancaban os 163,2 quilómetros que levaría ao pelotón polas fermosas da Ribeira Sacra ata o final de etapa en Luintra. Alí, o británica Simon Yates (Orica-BikeEchange) sorprendía ao pelotón e impoñíase en solitario, tras unha xornada de media montaña na que o colombiano Darwin Atapuma (BMC) mantiña sen problemas a camiseta vermella de líder, ao entrar xunto co resto de favoritos (entre eles Daniel Moreno do Movistar Team), a 22 segundos do vencedor. Nesta ocasión Alejandro Valverde cruzaba a liña de meta a 29 segundos do gañador (8º posto).

Tras cruzar a liña de meta, Yates alzábase co trofeo de vidro reciclado polos veciños de Nogueira de Ramuín, quenes animados polo Concello e Ecovidrio depositaron os seus envases de vidro nos contedores vinilados para a ocasión para o deseño deste trofeo sostible, froito da acción participativa dos cidadáns, que simboliza “o esforzo tanto dos ciclistas en cada etapa como dos cidadáns por coidar o medioambiente”, en palabras de Ecovidrio, encargada da xestión do reciclado dos residuos de envases de vidro en España desde 1998, que por segundo ano consecutivo, colabora coa Volta para concienciar sobre o reciclado a través da campaña “Recicla vidro pedalea”. O gañador celebrou a súa vitoria reciclando a botella de vidro no contedor verde ubicado no podio.

A ronda española deixa hoxe terras galegas pola provincia de Ourense para adentrarse en Castela León. Os 158,5 quilómetros da 7ª etapa da Volta 16 sae de Maceda ás dúas menos cuarto da tarde para chegar, preto das seis a Pubela de Sanabria.

Artigos relacionados

Back to top button