OurenseÚltima hora

Voluntariado ambiental, tamén en vacacións

Dous voluntarios do María Inmaculada de Verín e Ecovigixiantes de Franciscanas de Ourense retiran mascarillas e cabichas da praia, en Portugal

 

Neste verán, Chiqui e Lalo, de Stars Nature Watchers do María Inmaculada de Verín e Ecovigixiantes de Franciscanas de Ourense, están adicando parte das súas vacacións a limpar mascarillas e cabichas.

Desprazáronse ata o Parque Natural Litoral Norte en Fao, Portugal onde retiraron preto de 600 mascarillas das praias e o estuario da desembocadura do río Cávado en Esposende, así como un centos de cabichas.

Con esta actuación, estes voluntarios pretenden concienciar á sociedade do problema que supoñen estes elementos para o medio ambiente.

 

Lalo Sánchez recollendo unha mascarilla da praia.

 

Remata a Escola de Verán de Franciscanas de Ourense

 

 

Tras un mes e oito días moi intensos, na xornada deste venres 30 de agosto a Escola de Verán de Franciscanas de Ourense pechaba as súas portas ata o vindeiro ano. E facíano “cunha das mellores festas que os nenos merecía, cun hinchábel, unha merenda e moita música”, explican dende a escola, dando as grazas a todos os pais e nais que depositaron nela toda a súa confianza.

 

Os cativos que asistiron á escola.

 

Un cativo no inchábel.

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button