ConcellosO BoloÚltima hora

Voluntarios de Protección Civil do Bolo, Manzaneda e Trives, no Vía Crucis das Ermitas

 

Voluntarios de tres agrupacións de Protección Civil, as do Bolo, Manzaneda e Trives; encargábanse de velar pola seguridade durante o Vía Crucis das Ermitas (O Bolo), que reunía a numerosas persoas na mañá destes Venres Santo.

Dende Protección Civil de O Bolo vén de amosarse o seu agradecemento ao “apoio prestado dende as agrupacións homólogas de Manzaneda e Pobra de Trives nun operativo nada fácil como e o do Vía Crucis de As Ermitas no noso concello cunha procesión de mais de 1 quilómetro con unha pendiente media que sobrepasa o 10%, onde alguns voluntarios fixeron o camiño coas mochilas sanitarias entre os profesionarios. Moitas grazas a todos”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button