En portadaÚltima hora

Volve a celebración de Todos os Santos aos cemiterios

No caso do Barco a celebración da misa está prevista para as 16:30h. do día 1 de novembro

Cementerio municipal do Barco.

 

Tras a obrigada paréntese pola pandemia, neste 1 de novembro regresan as celebracións relixiosas aos cemiterios. No caso do Barco tamén se recupera a misa de Santos, que será, como viña sendo habitual, ás 16:30 horas do día 1 de novembro.

Para organizar o acceso de vehículos e persoas ao cemiterio municipal do Barco contarase cos efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras e coa Policía Local, que se situarán na entrada ao camposanto polo Parque da Cruz, polo que dende o Concello do Barco pídese aos visitantes que aparquen nesta zona para evitar aglomeracións nas entradas.

Tamén haberá reforzo de contedores, tanto no interior do recinto como no exterior, para o seu uso por parte do veciños, e reforzouse a limpeza da zona. O Concello do Barco tamén lembra aos cidadáns que deben manter as distancias físicas recomendadas polas autoridades sanitarias para espazos ao aire libre.

Por outra banda, este será o primeiro ano no que os visitantes poderán visitar o cemiterio unha vez rematadas as obras de mellora desenvolvidas no recinto. O proxecto desenvolveuse en tres fases, o que permitiu a colocacón de adoquin con morteiro no chan, e a renovación das conduccións e os desagües.

A última fase supuxo unha inversión de 38.000 euros, aos que hai que sumar os outros 66.000 de custo das dúas primeiras fases. Os traballos completáronse nos últimos día coa plantación de flores e arbustos en varias zonas.

Artigos relacionados

Back to top button