AutomobilismoDeportesÚltima hora

Volve a KDD Racing Petín coa V edición prevista para o 25 de xuño

Imaxe da anterior edición da KDD Racing./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Xuño volve ser un gran mes para os afeccionados ao motor, á velocidade e á festa. A 55 edición do Rallye de Ourense celebrarase os días 17 e 18 con moita novidades e só unha semana despois volve a esperada KDD Racing Petín.

Tralo éxito da última edición, celebrada en 2019 con case 600 coches, e o parón de dous anos por culpa da pandemia, o colectivo La Granja Racing ultima a que será a V quedada, que de novo reunirá a numerosos coches e afeccionados.

 

Sticker oficial da V KDD Racing Petín á venda o día da quedada.

 

A cita será o sábado 25 de xuño, pola mañá nas rúas do pobo de Petín e tralo xantar, coma sempre na explanada preto de Mones. Tal como adianta a organización a través das redes sociais haberá zona de acampada gratuíta, música, o sorteo dun Honda Civic, zona de slalom, exhibicións e moitos premios (ao coche máis antigo, ao máis afastado, ao máis ruidoso, ao máis baixo, ao máis exótico, ao Top 3 en pista,…).

O custe do xantar será de 17 euros e o da cea de 15, podendo coller os dous por 30 euros.

 

Artigos relacionados

Back to top button