CulturaCulturaÚltima hora

Volve funcionar o punto de lectura “Lendo espero” no Centro de Saúde do Barco

Publicidade

 

Logo dunha obrigada paréntese por mor do Covid-19, o punto de lectura do programa “Lendo espero” volvía retomarse en maio no Centro de Saúde do Barco. Trátase dunha iniciativa con máis dunha década de traxectoria dirixida aos máis pequenos, pero tamén aos maiores, que busca promocionar a lectura entre os cativos e, ademais, facer máis levadeiro o tempo de espera ás consultas.

Este punto de lectura está situado na zona de consultas de pediatría do Centro de Saúde do Barco. Os libros son aportados pola Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button