DeportesÚltima hora

Volve o baloncesto ao Aguillón (A Rúa) co I Torneo 3×3 Trofeo Wayne Brabender

Celebrarase o sábado 10 de agosto no pavillón polideportivo Victorino Núñez
Cartel do torneo 3×3 de baloncesto.

Fútbol, atletismo, voley praia, tenis, golf rústico,… Son os deportes que protagonizan boa parte do programa festivo do mes de agosto na Rúa, aos que este ano se lle suma o baloncesto. E non un calquera.

Wayne Brabender, mítico xogador  de baloncesto de orixe norteamericana e fillo adoptivo da Rúa, dá nome ao I Torneo 3×3 que se celebrará o vindeiro sábado 10 de agosto no pavillón polideportivo Victorino Núñez, en horario de mañá e tarde.

Segundo as bases, os equipos deberán estar formados por un máximo de 4 xogadores e poden ser mixtos, para diferentes categorías (dende cadete ata sénior masculino e feminino). Haberá concurso de triples e premios para os ganadores.

Xa está aberto o prazo de inscrición  que será gratuíta e pode facerse a través dos seguintes WhatsApp: 636 807 137 / 606 741 833.

Artigos relacionados

Back to top button