CulturaCulturaÚltima hora

Volve o cine a O Carballiño

"Qué foi de Baby Jane?", de Robert Aldrich abrirá esta edición de "Flores de Cine" hoxe, 14 de xullo, ás 22:30h

Fotograma da película Qué foi de Baby Lane? de Robert Aldrich.

 

O Barrio de Flores, no concello de O Carballiño, acollerá un ano máis o ciclo de cinema ao aire libre “Flores de Cine”, organizado polo Cineclube Carballiño para os días 14, 15 e 16 de xullo. Hoxe, ás 22:30h na rúa Mirtos, darán comezo as sesións coa proxección da película “Qué foi de Baby Jane?” de Robert Aldrich (1963).

O filme, protagonizado por Bette Davis, Joan Crawford e Victor Buono, narra a historia das irmás Jane e Bache Hudson, antigas estrelas de Hollywood. Tras un misterioso accidente, Blanche ten que facer uso de cadeira de rodas e queda ao coidado da súa irmá, que desfruta atormentandoa. A película foi un éxito comercial e de crítica e foi candidata a cinco premios Oscar dos que finalmente obtivo un na categoría de “Mellor deseño de vestiario”.

O día 15 será a quenda de “1984” de Michael Radford, acompañada ademais dunha serie de video poemas de Quico Valeiras. Finalmente, o día 16, pecharase o ciclo co visionado de “O Home do Brazo de Ouro”, do cineasta Otto Preminger. Todas as proxeccións son ás 22:30h e o uso de mascarilla é obrigatorio.

Noutro ámbito o cineclube anunciou nun comunicado que a programación convencional dos venres no Auditorio Manuel María retornará a principios de setembro. “Cremos que o máis prudente, polo momento é esperar a que se normalice toda a situación sanitaria desexando que en setembro podamos voltar ao noso traballo habitual”, decía o comunicado.

 

Cartel promocional do ciclo.

 

Artigos relacionados

Back to top button