ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Volve o fútbol ao campo das Carrelas en Viana do Bolo

Co 2-1 remataba o primeiro partido da liga entre o CD Viana e o SCD Paderne

 

Con moita ilusión e ganas regresaba o CD Viana á competición no campo vianés das Carrelas, despois de máis de ano e medio sen fútbol. Facíao na tarde deste sábado 23 de outubro co primeiro partido da tempada e tamén a primeira vitoria fronte ao SCD Paderne.

 

 

Tal como explican dende o conxunto celeste, o equipo,realizaba “un gran traballo para levar os 3 puntos”, malia a complicación do xogo cunha expulsión ao comezo do segundo tempo. “Soubemos repoñernos e así e todo xogamos os mellores minutos cun home menos”, aseguran orgullosos agradecendo as asistencia á afección “que sempre nos apoia faga sol, chova ou neve”.

 

Juanjo Carballo repite como adstrador do CD Viana.

 

Tras unha primeira parte de recoñecemento por parte de ámbolos dous equipos, que pasaba sen pena nin gloria, os goles tardaban en chegar e non era ata o minuto 80, avanzado xa o segundo tempo, cando Javier poñía o 1-0 no marcador. A resposta non tardaba en chegar e o Paderne empataba no 85′. E só cinco minutos despois, xa no límite do final (90′) José Antonio Prol sentenciaba o encontro poñendo o 2-1. Os tres goles nos últimos quince minutos.

 

Plantel do CD Viana para esta tempada.

 

 

Plantel do SCD Paderne.

 

Cos primeiros tres puntos no peto, para a vindeira semana ao Viana tócalle visiar o campo do Agro para xogar contra o CD Trives que tamén vencía na súa estrea na liga 2021/2022.

 

Artigos relacionados

Back to top button