ConcellosÚltima hora

Novembro de “Merendas con contos” na Biblioteca de Sober

Desenvolveranse os venres deste mes con cinco propostas didácticas e lúdicas diferentes
Nenos participantes nunha das edicións anteriores das “Merendas con contos” de Sober.

Con orixinais, divertidas e interesantes propostas chega en novembro o programa de animación á lectura “Merendas con contos” á Biblioteca de Sober. Celebrarase cada vernes deste mes a partires das seis da tarde.

A primeira das sesións, a do venres 3 de novembro, estará dedicada a “Xogo de fíos”, que incluirá un obradoiro da man de Lorena Quintas Rejo, xunto cunha exposición da súa obra. Esta moza invidente realiza unha decoración artesanal baseada na elaboración de cadros con fíos.

Unha semana despois, o día 10, os cativos poderán asistir ao contacontos “Curro y Rosita” de Teresa Grau. E xa o 17 de novembro nas “Merendas con contos” celebrarase Santa Icía, a patroa dos músicos, cunha interpretación musical a cargo de Aroa Fernández Saá (percusión e piano), Lisbeth Sánchez Díaz (clarinete) e Alba Varela (percusión). Finalmente, o día 24 a sesión estará dirixida a preparar o Nadal cun obradoiro de decoración con María Victoria Díaz Arias.

Ademais, na Biblioteca de Sober a lectura deste mes será “Gela se ha vuelto vampira” de Fina Casalderrey e haberá obradoiros na Aula de informática.

Artigos relacionados

Back to top button