CulturaCulturaÚltima hora

Volven as representacións ao escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco

"Invisibles" será o primeiro dos espectáculos que poderá verse. Esta previsto para o 20 de novembro ás 20:30h.

 

Despois de case mes e medio sen actividade cultural, as representacións volven ao escenario do Teatro Lauro Olmo, pero con limitacións pola situación sanitaria actual. “Logo deste parón sanitario retomamos o próximo venres 20 de novembro a programación. Farémolo co aforo limitado que establecen as normas, 60 localidades, e con todas as medidas de seguridade que xa implementamos ao comezo da tempada”, tal e como se vén de informar dende a Concellería da Cultura.

Outras das novidades será que se adianta media hora o horario habitual do teatro, que pasa a ser agora ás 20:30h., en lugar de ás 21h., “para non achegarnos á hora do toque de queda”.

Así, volve erguerse o pano no Barco coa obra de teatro “Invisibles”, de Redrum Teatro, que xira arredor da violencia contra as mulleres, tendo en conta tamén a conmemoración do Día Mundial contra violencia de xénero o 25 de novembro.

Artigos relacionados

Back to top button