ConcellosO BarcoO BoloÚltima hora

Volven baixar os positivos por Covid nos centros educativos do Barco

 

Seguen descendendo os casos activos de Covid-19 nos centros educativos do Barco, que se reducen a seis, segundo os datos comunicados neste 3 de novembro pola Xunta. Así, desaparece do listado o CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco), que ata agora tiña un positivo. Deste xeito, este colexio queda libre de virus.

As cifras nos outros centros barquenses mantéñense: o IES Martaguisela ten 1 positivo, a Escola Infantil Los Juglares mantén 3 positivos, o CEIP Julio Gurriarán 1 e o IES Lauro Olmo 1.

Tamén segue cun positivo o CEIP do Bolo. Deste xeito, son un total de 7 os positivos en Valdeorras (1 menos que o pasado sábado).

Ademais, o IES Xermán Ancochea de Trives continúa rexistrando 2 positivos en Covid.

Por outra banda, o IES de Quiroga, que contaba cun positivo, sobe agora a 2.

Artigos relacionados

Back to top button