OurenseÚltima hora

Volven Os Resentidos con “Fai un sol de carallo-Suite”

A banda de rock e a Big Band da Lira de Ribadavia actuarán o 2 de marzo no Teatro Principal de Ourense
Antón Reixa dos Resentidos, Manuel Baltar (presidente da Deputación de Ourense) e Iván  Estévez (presidente da Asociación Cultural Liradavia), na presentación do concerto.
Antón Reixa dos Resentidos, Manuel Baltar (presidente da Deputación de Ourense) e Iván Estévez (presidente da Asociación Cultural Liradavia), na presentación do concerto.

Os Resentidos, o grupo máis veterano do rock en galego, regresa aos escenarios da man da Deputación de Ourense e dos xoves músicos que integran a Big Band da Lira (unha sección da banda de música de Ribadavia) para ofrecer un singular concerto, que terá lugar no Teatro Principal de Ourense o vindeiro 2 de marzo.

Baixo o título “Fai un sol de carallo–Suite”, o traballo que Reixa e Os Resentidos presentan en Ourense inclúe un percorrido polos temas máis famosos do grupo, aos que hai que engadir seis novas cancións, mesturando as guitarras e as gaitas do grupo co vendaval da Big Band de A Lira. O concerto no Teatro Principal será gravado en audio e vídeo para a próxima edición dun novo álbume con DVD pola compañía Dro Warner co patrocinio da Deputación de Ourense.

Trátase dun espectáculo con 16 músicos en escena que comeza en Ourense e que xirará durante todo o 2016. Por Os Resentido: Xabier Soto (guitarra e voces), Rubén Losada (saxo tenor, frauta e voces) e Antón Reixa (voz) coa colaboración de Piti Sanz (guitarra, charango e voces), Ángel Graña (gaita, saxo alto, percusión e voces), Pablo Vidal (baixo) e Xabier Camba (batería). Arranxos de Piti Sanz e Rafa. Pola Big Band da Lira: Francisco Pérez (director da banda), Alexandre Rodríguez (saxo tenor), Nicolás Álvarez (saxo alto), Trepan Fraga (saxo barítono), Arturo Rodríguez (trompeta), Iván Estévez (trompeta), Iago González (trombón) e Martín Vkidal (tuba). Tamén contarán coa colaboración especial de Ses: Roberto Desván, Sito Sedes e Antón Losada.

Artigos relacionados

Back to top button