En portadaSen categorizarÚltima hora

Volven subir a 5 os pacientes ingresados por coronavirus no Hospital de Valdeorras

Dos 190 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 161 permanecen a seguemento a domicilio, 27 están ingresados en planta e 2 en UCI, segundo Sanidade

Exterior do Hospital Público de Valdeorras no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Logo de dous días mantendo os seus datos, o Hospital Público de Valdeorras volve a rexistrar unha suba no número de pacientes ingresados por coronavirus. Nestes momentos son cinco (1 máis que onte) as persoas hospitalizadas en planta neste centro valdeorrés.

Tamén en Verín, tras seis xornadas libres de virus, neste martes cóntase cun ingreso, mentres que no Hospital Universitario de Ourense son 21 os pacientes ingresados en planta e 2 na UCI (estes últimos de prognóstico grave).

Dos 190 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 161 permanecen a seguemento a domicilio, 27 están ingresados en planta e 2 en UCI, segundo a Consellería de Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 1.969, con 1.650 curados e 129 falecementos (residencias e hospitais). Na provincia lévanse realizado 18.689 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button