En portadaSanidade

Volven subir a 8 os ingresos por Covid-19 no Hospital de Valdeorras

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Mantense a tendencia á baixa nos casos de Covid-19 na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco e, segundo os datos notificados hoxe pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 23 de novembro), rexístranse 627 casos activos de coronavirus (10 menos que onte). Tamén baixan lixeiramente as hospitalizacións en planta con 67 (3 menos que onte) e na UCI con 9 (unha menos que onte). Pola contra apréciase un aumento nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 21 (fronte aos 16 de onte).

Por hospitais, o de Valdeorras conta hoxe con 8 pacientes con coronavirus en planta (un máis que onte), mentres que o Hospital de Verín baixa a 4 (un menos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense baixa a 55 (3 menos que onte) en planta e 9 na Unidade de Coidados Intensivos (un menos que onte). Na xornada de onte falecían tres persoas neste complexo hospitalario.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 7.420, con 6.504 curados e 288 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 111.543 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button