En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Votacións aos consellos reguladores en Valdeorras e no Ribeiro

As mesas electorais abríanse ás 10h. e poderá exercerse o dereito ao voto ata as cinco da tarde

En só dous dos catro consellos reguladores vitivinícolas da provincia de Ourense se celebrarán hoxe eleccións: Valdeorras e O Ribeiro. Nos dous restantes, Monterrei e Ribeira Sacra, os distintos vogais xa están proclamados, ben por tratarse de candidaturas únicas, ben porque se asinaron pactos para a súa elección como sucede no resto de consellos reguladores como é o caso tamén da IXP Castaña de Galicia.

As mesas electorais constituíanse a partires das nove da mañá e ás dez abríanse as votacións. No caso da Denominación de Orixe Valdeorras instaláronse dúas mesas electorais. Unha delas está na Oficina Agraria Comarcal da Rúa (Velázquez, 2). Nela poderán exercer o seu dereito ao voto electores dos censos procedentes dos municipios de Petín, Larouco, O Bolo e A Rúa.

Hai asemade unha segunda mesa habilitada na Casa Grande de Viloira (O Barco), onde poderán votar os electores dos censos de Vilamartín, Rubiá, Carballeda e O Barco.

Fotos: A.R./ Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button