Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Votacións na provincia de Ourense para elixir ao novo secretario xeral do PSdeG

 

Do total de 10.234 militantes socialistas que están chamados ás urnas neste domingo 8 de outubro en Galicia, uns 1.634 votarán na provincia de Ourense, onde se estableceron unha vintena de sede para que poidan execer o seu dereito ao voto. Coa súa papeleta poderán escoller entre dous candidatos á secretaría xeral do partido, o ourensán Juan Díaz Villoslada e Gonzalo Caballero.

As mesas electorais estarán abertas entre as 10h. e ás 20h., agás nos casos de centros cun número reducido de votantes que poderán votar ou só pola mañá (10h.-14.) ou só de tarde (16h.-20h.).

Nesta galería de imaxes poden verse votacións na cidade de Ourense, entre elas a da deputada socialista pola provincia no Parlamento galego, Noela Blanco.

Artigos relacionados

Back to top button