OurenseÚltima hora

As votacións para elixir o cartel das Festas de Ourense xa están abertas

Os carteis poderán votarse na páxina de cultura do Concello.

A falta de pouco menos dun mes para que as Festas de Ourense 2017 dean comezo, os cidadáns da capital das Burgas van ter a oportunidade de decidir cal vai ser o cartel que encabece a programación das actividades previstas.

O pasado 20 de maio rematou o concurso de carteis para as Festas de Ourense convocado polo Concello. Tras recibir un total de 16 propostas, o xurado seleccionou cinco dos traballos presentados. Agora, estes carteis elixidos poderanse votar entre mañá mércores, 31 de maio, e o domingo 4 de xuño. O cartel máis votado será o gañador, pasando a ser a imaxe de referncia das Festas de Ourense 2017. O premiado recibirá unha dotación de 1.000 euros para o autor.

Dende o concello informan que o xurado valorou o conxunto de propostas presentadas tendo en conta a adecuación da temática, a orixinalidade e a calidade artística. De entre os traballos recibidos, os cinco seleccionados exporanse ao público para que o poidan votar.

A ligazón para as votacións é: www.ourensecultura.com/concursos.

nº 15. Alegría.
nº 8. Auga, pedra, fogos e flores.
nº3. Ourense no Corazón.
nº4. Dori.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

nº 13. Ourense vístese de festa.

Máis ifnromación sobre o programa das Festas de Ourense 2017 na edición impresa de “O Sil” de xuño. 

Artigos relacionados

Back to top button