CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Voz e pandeireta bercianas, o 30 de xuño na segunda cita do “De Perto”

Cedida.

 

Segunda cita co ciclo “De Perto”, desta volta musical. O vindeiro mércores 30 xuño. ás 20:30h. a Casa Grande de Viloira (O Barco) será escenario dun concerto de pandeireta e  voz, da man das bercianas Denise Silva e Bea Boto.

“Este concerto é unha das olladas que lle botará o IX De Perto á cultura da veciña comarca do Bierzo, da súa singularidade como territorio histórico de contacto entre culturas e linguas, co gallo do próximo Bicentenario da Provincia do Vierzo, que se recoñece en xaneiro de 1822 e da que Valdeorras formou parte ata a súa disolución, tras pouco máis dun ano de existencia”, explican dende a organización deste ciclo adicado ao palabra no Barco.

Artigos relacionados

Back to top button