CulturaCulturaÚltima hora

Workshop de muralismo, o 9 de abril na Fábrica da Luz de Parada de Sil

Publicidade

 

Xornada artística e formativa na Fábrica da Luz de Parada de Sil o vindeiro 9 de abril. Da man da Cestola na Cachola terá unha lugar un workshop de muralismo “con tiza para darlle vida ao noso espazo interior e ver as técnicas do debuxo en parede”, tal e como adiantan os promotores.

O programa comezará pola mañá cunha sesión na que se explicará o concepto de muralismo e, neste caso, coa pecularidade de pintura en tiza. “Realizaranse os bocetos entre todos os participantes e á tarde plasmarase en parede especial para tiza. Será unha obra de arte comunitaria que poderá verse cada vez que se entre na Fábrica da Luz”.

As persoas interesadas en asistir a esta actividade, cun prezo de 60 euros/participante, poderán inscribirse en info@fabricadaluz.com ou chamando ao 679 060 509/ 679 827 573.

Cestola na Cachola ten realizado, da man do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, intervencións en diferentes puntos deste territorio promovendo a muralización como valor engadido do mesmo, plasmando así a cultura local e as raíces de cada lugar nas súas obras.

Artigos relacionados

Back to top button