DeportesÚltima hora

X Andaina & Trail de Outono, o 31 de outubro no Barco

A proba organizada polo Club Peña Trevinca comezará ás 9:30h. no Malecón
Cartaz da X A&T de Outono no Barco.
Cartaz da X A&T de Outono no Barco.

O Malecón do Barco de Valdeorras, fronte á Casa de la Cultura, será o punto de partida para a X edición da Andaina & Trail de Outono, organizada polo Club Peña Trevinca Barco en colaboración co Concello para mañá sábado 31 de outubro.

Cun percorrido sinalizado de 17 quilómetros, a andaina arrancará ás 9:30h. Unha hora máis tarde sairán os corredores do trail que deberán completar os 20 quilómetros de percorrido.

A entrega de trofeos está prevista para as 14:15h. no pavillón vello do Barco e a continuación haberá pinchada (embutidos, empanadas, bebida, etc.)

Ademais da deportiva, como en outros anos a proba terá carácter solidario e todo o que queira poderá aportar alimentos non perecedeiros que serán donados a Caritas O Barco. Asemade donarase parte da inscrición a Cruz Vermella, incluíndo a recollida de tapóns para o Banco de Tapóns de Valde de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button