DeportesÚltima hora

A X Carreira dos Santiños percorrerá o centro do Barco na mañá do 5 de novembro

A proba dos maiores sairá do estadio de Calabagueiros a partires das 12h., onde tamén se situará a meta

 

Categorías absolutas e de veteranos, sen esquecer a base. A X Carreira dos Santiños está aberta á participación de todas as idades e celebrarase no Barco na mañá do 5 de novembro. A proba dos maiores comezará ás 12h. e terá como punto de partida o estadio de Calabagueiros. Os atletas deberán dar dúas voltas ao circuíto (un total 7.000 m de competición) que, tras saír de Calagueiros dirixirase ao Malecón para logo dar a volta ata Calabagueiros, onde tamén estará instalada a meta.

Xa a partires das 13h. comezarán as competicións da base. Primeiro correrán os sub-14 (masculino e feminino) nunha distancia de 800 m, logo os sub-12 nunha proba de 500 m, os sub-10 en 300 m e, finalmente, os prebenxamíns en 100 m.

 

 

No caso dos atletas maiores, terán a posibilidade de anotarse unha hora antes do inicio da competición sendo o custo de 5 euros, se ben non se terá dereito á bolsa do corredor.

No referente aos nenos (categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete), os atletas poderán anotarse ata 30 minutos antes do comezo das probas no mesmo estadio.

Esta X Carreira dos Santiños será organizada polo Club Adas en colaboración coa Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA) e co Concello do Barco.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button