CulturaCulturaÚltima hora

A X edición do concurso fotográfico Rosa Pons de Parada de Sil repartirá 2.000 euros

Este ano inclúese un 2º premio nas dúas modalidades (Tema Libre e Visións de Parada de Sil) de 200 e 300 euros
Cartel do concurso.

O Concello de Parada de Sil en colaboración coa Asociación Cultural Ouro do Sil, vén de convocar unha nova edición do concurso fotográfico que nacía hai dez anos co obxectivo de “estimular a creatividade, o amor pola fotografía e un maior coñecemento de Parada de Sil e por ende da Ribeira Sacra”.

Entre as novidades que presenta esta X edición cuxa bases íntegras poden consultarse na web http://www.paradadesil.es é a aumento da dotación económica do mecenas do concurso, Camilo Yáñez, o que permite”establecer un segundo premio tanto na modalidade de Tema Libre como na de Visións de Parada de Sil de 200 e 300 euros respectivamente, polo que o importe total do concurso sitúase en 2.000 euros”, explicao concelleiro de Cultura e Turismo de Parada, Francisco Magide.

Ademais, para facilitar a participación este ano as fotografías poderán presentarse no concello adheridas sobre cartón pluma, paspartú ou similar e evitarase a presentación dun CD ao poder enviar a copia por correo electrónico ao enderezo concursofotografia@paradadesil.es. Tamén na modalidade de Visións de Parada de Sil deberase identificar a zona na que foi tomada.

A data límite de presentación será o 28 de xullo e o xurado fará pública a súa decisión o día 11 de agosto, facéndose unha exposición con todas as fotografías presentadas.

 

Artigos relacionados

Back to top button