EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

X Ruta de Pinchos “O Barco vai de viños” , conquistando padais

Este percorrido de sabores poderá realizarse por ata 23 locais barquenses ata o 19 de xaneiro

 

Son 24 propostas culinarias diferentes de 23 establecementos distintos que están a atraer a multitude de persoas da comarca, pero tamén de fóra. Así podía comprobarse na segunda xornada da X Ruta de Pinchos “O Barco vai de viños”, o venres 10 de xaneiro, con numerosos grupos circulando polas tres zonas deste percorrido: mencía, godello e dona branca.

Folleto en man, consultando o percorrido e tamén os “pinchos estrela” de cada esteblecemento, os participantes ían de local en local degustando as propostas, ao prezo e 1,70 euros cada unha, e selando os seus boletos para poder votar ao seu petisco preferido e, ao mesmo tempo, para poder entrar no sorteo de catro ceas para catro parellas.

 

 

Esta ruta poderá realizarse ata o vindeiro 19 de xaneiro, un peche que coincide novamente coa Festa do Botelo do Barco nesa fin de semana. Nesta galería de imaxes poden verse os deliciosos e orixinais petiscos de La Gran Tortuga (con torto de millo con zorza e ovo de paspallás, unha proposta asturiana), da Casa Galaica con  torrada boloñesa con queixo cammenbert (ambas dentro da zona mencía), o do Vinum con cóctel de camaron, así como o da Pampa cun molete de cascallos (estes dous na zona godello). Tamén pode verse nestas imaxes a diferentes participantes neste percorrido gastronómico barquense.

Esta iniciativa está promovida polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA) e pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) en colaboración co Concello.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button