EconomíaEconomíaÚltima hora

Xa está en marcha a VI edición do concurso “Quiroga de Tapas”

A cita culinaria desenvolverase ata o 14 de abril coa participación de 17 establecementos gastronómico
Inauguración desta edición do concurso “Quiroga de Tapas”.

Dende onte día 6 e ata o vindeiro venres 14 de abril, desenvolverase a VI edición do concurso culinario “Quiroga de Tapas”, unha actividade organizada polo Concello como antesala da XXXV Feira do Viño de Quiroga.

Trátase dun roteiro de propostas gastronómicas que se desprega por preto de vinte establecementos do municipio. En cada un deles poderá degustarse unha tapa diferente ao prezo de 1,5 euros. Nesta ocasión os locais participantes son: Adega da María, Bar As Palmeras, Bar O Portón, Bar Raposo, Bar Quiper, A Taberna, Pub Ruxe-Ruxe, Bar Lago, Bar Félix, Restaurante o Roxo Vivo, Casa Torres, Bar Chapakuña 3, O Recuncho de Dino, Mesón Ferreiriño, Ciber-Café A Pedra, Restaurante Dimar e Bar Dakar.

Os asistentes ao roteiro, ademais de degustar as tapas terán a oportunidade votar á que máis lle guste para seleccionar á mellor do concurso e tamén conseguir algún dos premios para o público que logre degustar todas as tapas.

A inauguración desta edición tiña lugar na tarde do 6 de abril no Bar Félix, contando doa presenza do alcalde Julio Álvarez eos concelleiros de Xuventude e Turismo e Deportes,  acompañados por Cheché Real, presidente da Asociación de Hostelería de Lugo e Beatriz Vila, delegada da zona sur da asociación, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button