ConcellosÚltima hora

Xa está na rúa o Especial Santa Rita do Periódico O Sil

Portada do Especial Santa Rita 2017 de O Sil.

A vindeira fin de semana, do 19 ao 22 de maio O Barco de Valdeorras vestirase de gala para celebrar as festas na honra a Santa Rita. E para seguir a programación día a día, o Periódico O Sil vén de poñer na rúa unha nova edición do monográfico que, ao longo de 32 páxinas, inclúe as principais referencias tanto relixiosas, como lúdicas e deportivas desta celebración barquense. Dende a tradicional procesión coa imaxe da santa o día 22 á actuación de varias orquestras e mesmo un grupo de rock o sábado pola noite. Tamén os máis pequenos teñen o seu oco con hinchables na praza do Concello.

No Especial Santa Rita de O Sil hai asemade artigos de opinión, entrevistas e diversas reportaxes. Non quedes sen el. Se non es subscritor, podes conseguilo nos quioscos e librarías do Barco.

 

Programación lúdica.

 

Actividades deportivas.

Artigos relacionados

Back to top button