ConcellosEn portadaÚltima hora

Xa está na rúa o número de abril do Periódico O Sil

Portada do número de abril do Periódico O Sil.

 

Estamos vivindo unha situación excepcional e inaudita provocada por un virus que hai xa máis de vinte días obrigaba ao Goberno de España a decretar o estado de alarma. Dende ese momento a xente permanece confinada nas súas casas e medio mundo está paralizado, pero os medios de comunicación seguen ao pé do canón, mantendo informada á poboación dentro das posibilidades.

 

Editorial.

 

Así o facemos dende o Periódico O Sil, un medio que ademais de manter a edición dixital actualizada case ao minuto coas novidades da situación provocada polo Covid-19, vén de sacar o número de abril en papel. Unha edición na que se aborda esta pandemia dende un punto de vista local, galego e internacional, amosando as vivencias persoais e profesionais de diferentes colectivos aquí e noutros partes do mundo. Unha pequena mostra da realidade que estamos vivindo e que cambia constantemente.

 

Tema de portada.

 

Pero non só do coronavirus falamos neste número, no que incluímos outro tipo de información vencellada á ciencia e ás novas tecnoloxías, como o proxecto Quantum Society, unha páxina web interactiva creada por seis universitarios entre os que están os barquenses Roberto Enríquez e María Caseiro. Tamén falamos co novo presidente do Casino do Barco, Pablo Dobao; incluíndo ademais unhas páxinas especiais sobre agricultura; entre outros temas.

 

Entrevista ao presidente do Casino do Barco.

 

Reportaxe sobre Quantum Society.

Artigos relacionados

Back to top button