CD BarcoDeportesEn portadaFútbolÚltima hora

Xa está na rúa o póster do C.D. Barco 2020/2021 que edita o Periódico O Sil

 

 

O Centro de Deportes Barco está inmerso nunha atípica tempada en terceira división marcada pola pandemia de coronavirus. Malia ter que seguir un estrito protocolo de seguridade marcado pola RFEF, coa redución de aforo para o público incluída, directiva, corpo técnico e xogadores están facendo un labor extra para sacar adiante a campaña.

No número 264 de O Sil Deportivo, que vén saír á rúa, incluímos (entre outros moitos artigos) información sobre os obxectivos do club e tamén un póster a toda cor co equipo sénior e o corpo técnico (o único en competición polo de agora).

Quen desexe facerse con el, como recordo da campaña, pode atopalo en quioscos e librarías dentro do número de decembro do Periódico O Sil. Os subscritores recíbeno na casa.

Non quedes sen el.

 

Artigos relacionados

Back to top button