ConcellosÚltima hora

Xa están á venda as entradas para a XVIII Festa da Empanada de Costrelas da Rúa

A cita gastronómica será o 28 de decembro a partir das dúas da tarde no campo de San Roque

Asistentes á pasada edición da Festa da Empanada de Costrelas. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Festa da Empanada de Costrelas da Rúa continúa con paso firme a súa traxectoria dentro do calendario gastronómico-festivo da comarca de Valdeorras e este ano celebrarase o sábado 28 de decembro a partires das dúas da tarde.

A esa hora, a carpa climatizada ubicada no campo de San Roque, abrirá as portas para acoller aos comensais que poderán degustar un exquisito menú a base de sopas de allo ben quentiñas, empanada de costelas adobadas e torta de roxóns, á parte de viño, café e licores.

Para poder acceder ao recinto, degustar o menú e tamén botar un baile, deberán mercarse as entradas que custarán 16 euros e estarán á venda en: Panadería Lorenzo, Bar San Roque; O Colmado; Peluquería Esencia; O Café; A Cervecería (próximamente); O 4 Bar; e Clínica Fisioval. Pódense reservar plazas chamando ao número 657 055 684 e indicando a cantidade de sitios reservados.

A festa está organizada pola Asociación Cultural Sabugueiro en colaboración co Concello da Rúa, a Deputacion de Ourense, Mantesil e Panadería Lorenzo. A fin de festa correrá de novo por conta da discoteca móbil Danzalia con baile “ata que o corpo aguante”.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close