CulturaCulturaÚltima hora

Xa están dispoñibles os bonos do VI FIC Vía XIV de Verín

 

A VI edición do Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV de Verín, que se celebrará entre o 4 e o 12 de setembro, continúa quentando motores. Xa están dispoñibles os bonos para acceder a toda a programación a concurso, cun custo de 20 euros. Os bonos poden mercarse na oficina de prensa do Concello de Verín en horario de mañá ou reservarse por vía telefónica a través do 638 077 282.

Cada bono dá acceso a unha butaca exclusiva no Auditorio Municipal de Verín, que quedará reservada durante todo o festival, e posibilita un aforro económico en relación aos tiques individuais. O bono, que é nominativo e leva incorporado o nome e o DNI do seu dono ou dona, permite, pois, acceder a toda a programación do FIC Vía XIV de Verín, agás a gala final, tal e como adianta a organización.

Xunto aos bonos, está xa dispoñible para mercar o merchandising oficial desta VI edición do certame. Esta é a listaxe de prezos de todo o material creado este ano para por en valor o FIC Vía XIV:

1. BONO CATÁLOGO: 25 EUROS
2. BONO BOLSA: 30 EUROS
3. BONO MÁSCARA ou FUNDA PARA O MÓBIL: 25 EUROS
4. BONO CATÁLOGO+BOLSA: 35 EUROS
5. BONO CATÁLOGO+MÁSCARA ou FUNDA: 35 EUROS
6. BONO+BOLSA+MÁSCARA ou FUNDA: 35 EUROS
7. BONO CATÁLOGO+MÁSCARA ou FUNDA+BOLSA: 40 EUROS
8. BONO CATÁLOGO+MÁSCARA+FUNDA+BOLSA: 45 EUROS

Artigos relacionados

Back to top button