ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Xa están en marcha a Ludoteca e o Campamento Urbano “Támega” 2018, en Verín

Ámbalas dúas iniciativas estivais estarán abertas ata o 7 de setembro

Cubrir o tempo vacacional dos menores para que desfruten de diversas actividades culturais e deportivas entre xogos e amigos é o que buscan os servizos da Ludoteca e o Campamento Urbano “Támega” 2018 que arrancaban o 25 de xuño en Verín, da man da Oficina Municipal de Información Xuvenil.

A primeira semana servíu para que os rapaces asistentesse foran coñecendo podenxo da desfrutar de contacontos, de xogos na piscina e dunha excursión a Cabreiroá. Os máis maiores, os do Campamento, tiveron participaron ademais nunha xinkhana musical por toda a vila na que enredaron a moitos veciños, incluído o propio alcalde, para cantar e bailar con eles.

Esta actividade que se distribú por idades, estará aberta ata o 7 de setembro.

Artigos relacionados

Back to top button