ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Xa están en vigor as novas restricións para O Barco de Valdeorras

Ademais das correspondentes ao nivel 2, destaca a prohibición de reunirse a persoas non vonviventes

 

 

Dende esta medianoite están en vigor as novas restricións sanitarias do Barco de Valdeorras decretadas dende a Consellería de Sanidade, ante a situación epidemiolóxica actual do municipio e que veñen de ser publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Dada a taxa observada neste concello, no informe recoméndase o mantemento das medidas que actualmente se están aplicando no dito concello (recollidas na Orde do 30 de setembro de 2020 e resumidas ao final do texto) e, como medida adicional para intentar controlar a transmisión, recoméndase “aumentar o nivel de restrición dos contactos familiares e sociais, tendo en conta os maiores riscos de transmisión que tales contactos levan consigo, de xeito que os grupos para a desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, se limiten aos constituídos só por persoas conviventes”.

Esta limitación non impedirá a reunión con persoas non conviventes que se produzan por motivos de asistencia e coidado a maiores, dependentes ou persoas con discapacidade, ou por causa de forza maior ou situación de necesidade. Así mesmo, esta limitación “non será aplicable no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento. Tampouco resultará de aplicación noutras concretas actividades respecto das cales, polo contexto ou circunstancias en que se desenvolven, o risco de transmisión, aínda que os grupos sexan de non conviventes, resulta atenuado.

Ademais, no mesmo informe recoméndase estender as medidas xa establecidas actualmente para o concello do Barco de Valdeorras ao resto de concellos da comarca (A Rúa, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras), coa finalidade de crear un cinto de seguridade, tendo en conta as características demográficas da comarca e o feito de que o concello do Barco de Valdeorras é o punto neurálxico dela, do cal se poden irradiar casos aos outros concellos.

As restricións do nivel 2 afectan especialmente á hostalaría e á restauración: 50% aforo no interior, non permitido consumo en barra, 75% en terrazas e sempre sentado en mesa e no caso do Barco só con conviventes. Tamén ás actividades deportivas non federadas. No caso do Barco, ao aire libre: individuais ou entre conviventes; en instalacións ou centros, ata 10 persoas sen contacto físico

Ademas limítane os aforos en velorios (25 personas ao aire libre e 10 en espazos pechados). No caso de lugares de culto, o aforo premitido é do 50%.

En bibliotecas, autoescolas, academias, cine, teatro… o aforo taén se reduce ao 50%.

Consulta aquí o DOGA de 7 de outubro de 2020:

AnuncioC3K1-071020-5_gl

 

 

Artigos relacionados

Back to top button