ConcellosÚltima hora

Xa están á venda as entradas para a I Festa do Cocido da Ribeira Sacra

A cita gastronómica será o 17 de decembro ás 14h. na praza de Abeleda (A Teixeira)
Un prato de cocido.

Xa está todo preparado para a cita gastronómica que terá lugar o 17 de decembro na Teixeira: a I Festa do Cocido da Ribeira Sacra que se celebrará a partires das dúas da tarde na praza de Abeleda e que promete ser unha gran xuntanza na que non faltará un bo menú, música e agasallos.

Tal como informan dende a organización, a data límite para conseguir as entradas (prazas limitadas a 550 persoas) será o 13 de decembro e poderán mercarse nos seguintes establecementos: Bar Grilo, Cafetería Rubio e Carnicería O Pepe (Castro Caldelas); Restaurante O Curtiñeiro (Parada de Sil); Restaurante O Pendón (Manzaneda); Restaurante Valilongo, A Casa da Marisa e Bar Campelo (A Teixeira); Bar O Cafeto (A Pobra de Trives); Cafetería Tertulia (Monforte de Lemos); Bar-Restaurante A Cantina (Doade-Sober); Restaurante Casa Elvira (Montederramo); e Oficina de Turismo de Sober.

Co fin de facilitar o desprazamento dos asistentes e que podan desfrutar mellor da festa, dende a organización da Festa do Cocido Ribeira Sacra, facilitarán tres autobuses para a xente de lonxe: un con saída dende Ourense (parque de San Lázaro); outro dende Monforte (saída dende Os Escolapios, pasando por Sober (Centro) e Doade (Restaurante A Cantina); e un terceiro dende Manzaneda (Bar O Pendón), pasando por Trives (Concello) e Castro Caldelas.

O funcionamento dos autobuses será sempre cun mínimo de 20 pasaxeiros variando o prezo en función do número polo que haberá que confirmar a praza antes do 10 de decembro.

Máis información: https://www.facebook.com/festasabeleda

 

Artigos relacionados

Back to top button