En portadaÚltima hora

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre actuarán mañá á beira do río, no Barco de Valdeorras

Forman parte da banda os irmáns Álvarez (Gutier e Javier) naturais da Pobra de Trives

Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre na actuación do ano pasado en Trives. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Despois de tocar en Lisboa, Oslo, Glasgow, Madrid, Lorient e en tantas e tantas cidades e vilas europeas, españolas ou galegas (entre elas A Pobra de Trives), Xabier Díaz chega mañá, 7 de setembro, ao Barco de Valdeorras co seu traballo Noró, algunhas músicas do Norte.

E farao acompañado polos músicos triveses Gutier (violín e zanfona) e Javier Álvarez (acordeón diatónico) e as Adufeiras de Salitre, cos que comezaba hai uns anos e tras case catro décadas de traxectoria na música tradicional galega, un proxecto singular, volvendo á esencia e apoiándose nas recollidas realizadas polo rural ao longo de 25 anos. O primeiro resultado dese traballo conxunto era o exitoso The Tambourine Man (2015) e despois chegaba Noró, un disco con temas de corte tradicional pero de composición propia que os sitúa na punta da contemporaneidade con raíz.

O concerto, previsto para as 22:30h. a beira do río, no Malecón, enmárcase na fin de semana de “prefesta” previa ao Cristo que se celebrará do 13 ao 16 de setembro.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close