OurenseÚltima hora

Xacarandaina actuará o sábado no Auditorio Municipal

A Gala do Patrimonio Inmaterial mesturará actuacións do grupo de música e baile tradicional coas da xente do pobo
O grupo de baile e música tradicional Xacarandaina.
O grupo de baile e música tradicional Xacarandaina.

O vindeiro sábado 23 de maio á partires das 21:30h. terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense o espectáculo “Xacarandaina, Gala do Patrimonio Inmaterial”, que ten como finalidade “promover e dar visibilidade á petición que se vai facer perante o Ministerio de Cultura da declaración do Ben de Interese Cultural, para posteriormente presentar a candidatura de Baile e música de Galicia a Patrimonio Inmaterial da Humanidade perante a Unesco” explican dende o Concello de Ourense.

Na gala mesturaranse baile, músicas e vestiarios do Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina con actuacións de xentes do pobo “que viviron o folclore galego e foron quen de gardalo, sendo os verdadeiros transmisores e baluartes da riqueza e autenticidade das nosas artes inmateriais” din dende a organización.

Artigos relacionados

Back to top button