CulturaCulturaÚltima hora

Xacio Baño, cunha candidatura nos Goya pola curtametraxe “Augas abisais”

Publicidade
O cineasta Xacio Baño./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O director Xacio Baño, natural de Xove (Lugo) e vencellado familiarmente a Valdeorras, conta cunha candidatura nos 36 Premios Goya pola súa curtametraxe “Augas abisais” no apartado de mellor curtametraxe documental.

Baño é o director e produtor desta peza duns 24 minutos na que presenta os inaccesibles fondos mariños como metáfora da nosa historia oculta, daqueles aspectos da guerra civil dos que nunca se nos fala.

Os nomeados dos Goya 2022 daranse a coñecer o luns 29 de novembro na sede da Academia.

 

Artigos relacionados

Back to top button