EconomíaEconomíaÚltima hora

Xan Veiga presenta o monólogo “Que anos aqueles…” en San Xoán de Río

Terá lugar o vindeiro xoves, 15 de agosto na Praza do Concello ás 22:00 horas

 

Cartel da actividade.

 

O humorista galego Xan Veiga presentará o vindeiro xoves 15 de agosto, o seu monólogo “Que anos aqueles…”. Esta actividade terá lugar na Praza do Concello de San Xoán de Río ás 22:00 horas.

“É un monólogo Made in Galicia no que nos embarcaremos nunha viaxe ao pasado para lembrar as desventuras dun galego calquera, que nos traerá á memoria un bo feixe de costumes, ditos, xogos, cantigas e outras lerias que nos farán matinar no moito que cambiaron as cousas dende aquela, do moito que cambiaron ou non”, afirman dende a organización.

Artigos relacionados

Back to top button