Galerías de fotosÚltima hora

Xantar a favor de Manos Unidas en Sobradelo

O acto benéfico contou con máis de cen persoas e recadáronse máis de dous mil euros

Como cada ano dende hai xa dez, no mediodía do sábado 14 de marzo, celebrábase o xantar de Manos Unidas en Sobradelo, nunha xornada de convivencia e solidaridade na que se reuniron máis de cen persoas procedentes de Éntoma, O Barco de Valdeorras, A Medua, Casaio, Viladequinta, Robledo e sobre todo de Sobradelo. Á cita tamén asistiron a delegada diocesana e outros representantes de Manos Unidas de Astorga, o párroco Juan José Prieto e a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras Mª del Carmen González.

O grupo de voluntarios de Manos Unidas de Sobradelo, colabora en diferentes actividades como a venda de doces e flores, á parte do xantar solidario con sorteo de agasallos incluído. E todo, co obxectivo de “axudar a que os proxectos de Manos Unidas saian adiante e poder contribuír a que persoas que necesitan axuda consigan vivir nun mundo mellor” explican dende o colectivo, agradecendo a “tódalas persoas e comercios que colaboraron coa súa presenza, xenerosidade e traballo desinteresado”, logrando unha recadación de máis de dous mil euros.

Fotos cedidas por María del Mar García.

Artigos relacionados

Back to top button