Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Xantar abre as portas con máis de 200 actividades, 283 expositores e 15 restaurantes

Expourense inaugura a 20 edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico con Brasil como país convidado

Un total de 283 expositores (de gastronomía, artesanía e promoción), 12 países representados (Panamá, México, Costa Rica, Perú, Portugal, Colombia,…) e un programa de actividades que supera as 200 experiencias (máis de 4 cada hora), 15 restaurantes (entre eles o do Concello de Maceda co chef Carlos Parra), son os datos da 20 edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que se celebra ata o domingo 10 de febreiro, en Expourense.

O acto de inauguración oficial, que abría e pechaba o grupo de música tradicional Canto de aquí de Braga, tiña lugar na mañá do 6 de febreiro, presidido polo vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, quen destacou o papel que xoga a enogastronomía na captación de turistas (más de 5 millóns en 2018) e a “súa importancia para a dinamización económica e a xeración de emprego, ademais de para extender as vantaxes do turismo a toda a comunidade e ao longo de todo o ano”. Rueda era o encargado de pechar o turno de intervencións que abría o director de Xantar Alejandro Rubín, facendo uha especial mención a Portugal “o país convidado cando comezamos hai vinte anos”.

O acto tamén contou coa presenza do residente da Cámara Municipal de Braga Ricardo Río, e do presidente da Deputación Manuel Baltar quen destacou os 20 anos de Xantar, “situando a Ourense como gran capital gastronómica”, nunha edición que ten como país convidado a Brasil, cuxo representante da Secretaría de Turismo de Foz de Iguazú Washintong Sena, asegurou que “estamos aquí para aprender e trasladar todas estas experiencias á nosa rexión e proporemos que Foz de Iguazú e Ourense sexan cidades irmás porque temos moito en común especialmente o termalismo”. Á inauguración tampouco faltaron o alcalde de Ourense e vicepresidente executivo de Expourense, Jesús Vázquez; e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices. Todos coincidiron en destacar a traxectoria deste salón e o papel na promoción internacional de Galicia como destino enogastronómico. Tralo acto, as autoridades percorrían o recinto, visitando cada un dos expositores degustando petiscos e copas de viño, mentres os restaurantes se ían enchendo de comensais.

Arrancan así cinco días no que Ourense se coverte no epicentreo da enogastronomía peninsular, cun completo programa inclúe tanto conferencias de expertos como exhibicións de cociña en directo, ademais de catas comentadas e degustacións incluídas no Encontro Internacional sobre Gastronomía Sostible e Saudable. Para dar cabida a todas as actividades contarase con tres aulas gastronómicas nas que participarán recoñecidos chefs procedentes de 8 países e tamén da Asociación “Cociña Ourense” que era presentada esta tarde; unha de catas; e o Túnel do Viño. No programa de degustacións está incluída a de Bica de Castro Caldelas no stand do Concello; a de Viño, Embutidos, Bica e Mel no stand do Concello da Pobra de Trives; e a de Botelo do Barco na área de degustación; entre outras.

A programación completa pódese consultar na web http://www.xantar.org

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button