OurenseÚltima hora

Xantar celebra este ano o 20 aniversario

Esta edición, que foi presentada en FITUR, celebrarase do 6 ao 10 de febreiro e contará con 12 países representados con Brasil como convidado especial

Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, cumpre 20 anos cun programa de actividades máis internacional no que, á cooperación transfronteiriza con Portugal, se une con forza a cooperación iberoamericana. Así, a próxima edición que se celebrará en Expourense entre o 6 e o 10 de febreiro, reunirá a recoñecidos chefs de 8 países que impartirán obradoiros de cociña en directo, no marco do XIV Encontro Internacional de Gastronomía Saudable e Sostible que ofrecerá ao público máis de 100 experiencias.

Brasil será o país convidado nesta edición, sendo, xunto á progresiva internacionalización do evento, os fíos condutores da presentación de Xantar en FITUR (Madrid) na tarde do 23 de xaneiro, un acto no que participaron numerosos representantes de entidades vinculadas ao turismo de España, Portugal, Brasil, México ou Arxentina, entre outros.

Durante a presentación también destacouse o papel que xoga esta feira á hora de promover a gastronomía como motivación turística co valor engadido de que “contribúe a identificar o turismo co territorio”, aseguran dende Expourense, adiantando que nesta 20 edición participan 15 restaurantes procedentes de Galicia, Castela León e varias rexións turísticas de Portugal, además de Panamá e Brasil. “En total, ofreceranse máis de 20 menús baseados nos seus produtos autóctonos e de calidade”. Entre as novidades destaca o restaurante do Xeodestino Condado-Paradanta que ofrecerá un menú con produtos locales como a lamprea ou o requeixo; o restaurante de Azores que ofrecerá un menú medieval ou o de Panamá cun menú prehispánico.

O programa de actividades de Xantar 2019 incluirá tanto conferencias de expertos como exhibicións de cociña en directo, ademais de catas comentadas e degustacións incluídas no “Encontro Internacional sobre Gastronomía Sostible e Saudable”. Para dar cabida a todas as actividades contarase con tres aulas gastronómicas nas que participarán recoñeocidos chefs procedentes de 8 países e tamén da Asociación “Cociña Ourense”, creada recentemente); unha de Cata e o Túnel do Viño.

Artigos relacionados

Back to top button