EconomíaEconomíaÚltima hora

Xantar celebrará a súa 22ª edición entre o 3 e o 7 de novembro en Expourense

A feira de turismo gastronómico de España ratifica a súa internacionalidade por oitavo ano consecutivo

 

Como unha cita internacional de turismo e a única especializada no produto turístico-enogastronómico, Xantar celebrará a súa 22ª edición en Expourense entre o 3 e o 7 de novembro de 2021, pasando a celebrarse no segundo semestre do ano, no outono, para “promocionar as festas e os produtos gastronómicos vinculados a esta época e permitirá ás empresas e destinos presentar a súa campaña turística de fronte ao ano 2022 no que continuará o Ano Santo Xacobeo”, explican dende a feira.

Esta nova edición, a primeira tras a pandemia, adaptará as medidas preventivas para que expositores e visitantes poidan vivir unha experiencia única dunha forma segura. Con todo, Expourense seguirá apostando pola promoción internacional dos destinos enogastronómicos de España, Portugal e América Latina e estará apoiada en ferramentas dixitais para amplificar a repercusión e seguimento internacional do salón. Ademais, a ampliación no dobre da súa superficie do vestíbulo principal de Expourense, permitirá a creación dunha ampla aula gastronómica profesional, totalmente separada do recinto de exposición.

Ademais, Xantar volverá contar cun programa complementario de conferencias, catas comentadas e talleres de cociña en directo, que contribuirán a divulgar os atractivos dos destinos presentes e os seus produtos de calidade. Estas actividades estarán adaptadas á nova normalidade e moitas delas poderán seguirse tanto de forma presencial desde Expourense como de forma virtual desde calquera parte do Mundo.

Artigos relacionados

Back to top button